PREGUNTAS TEMA 2024 · SÉCULOS XVI, XVII E XVIII

Coñeces o meu podcast Somos Historia? Pois esta web é para ti! Aquí atoparás TODOS OS APUNTES que elaborei para as clases co meu alumnado e para cada un dos episodios da serie. Sempre tomando como referencia as indicacións do Grupo de Traballo de Historia para as ABAU, actualizados e ordeados. 

Úsaos como un complemento ou axuda, pero sempre cos apuntamentos que che dea o teu profesor/a como primeira referencia. E, independentemente de se es estudante ou profe, se valoras positivamente todo o traballo que hai detrás disto, xa sabes: comparte, comenta, suscribe, da like... fai algo, pero dame o teu feedback para axudarme a seguir mellorando.


Antes de nada, 3 detalles importantes:
  • Son apuntes concretos que intentei redactar nunha cara de folio. Por que? Porque o que pide nas ABAU é unha resposta curta (que non pode exceder as 40 liñas!). E tamén axustados a unha estrutura (que vou marcando nas marxes, para que distingas claramente as partes que debes explicar). Cada liña está escrita co obxectivo de que recolla unha idea importante a explicar, así que trata de non eliminar liñas se fas os teus apuntes a partir dos meus.
  • Están moi resumidos, non deberías resumilos máis. Si que podes engadir ou completar se che parece axeitado, pero lembra que tes un límite de extensión, e o tempo do exame tamén corre! Para definir os catro conceptos e redactar esta pregunta tema tes só uns 45 minutos.
  • Correspóndense cun episodio do podcastPensa que os apuntes sempre van acompañados dunha clase na que os explico. Atoparás esa clase (ou explicación) no episodio correspondente da serie Somos Historia. Lembra tamén que podes contactarme a través dos comentarios ou cunha mensaxe directa de Instagram a @miguelabraira e que o teu feedback é moi importante.
Aquí están os APUNTES das 10 preguntas tema (cada cor correspóndese cun dos 2 bloques nos que se agrupan: azul, século XVI e XVI; verde, século XVIII) que poden caer e que podes escoitar tamén na serie de Podcast Somos Historia, en Spotify:

APUNTES LISTOS!

  1. A NOVA MONARQUÍA DOS REIS CATÓLICOS
  2. A CONFIGURACIÓN DO IMPERIO ESPAÑOL NO SÉCULO XVI
  3. A CRISE DO SÉCULO XVII
  4. ECONOMÍA E SOCIEDADE NA GALICIA DOS AUSTRIAS
  5. A CONQUISTA E COLONIZACIÓN DE AMÉRICA
  6. O CAMBIO DINÁSTICO E A GUERRA DE SUCESIÓN
  7. OS DECRETOS DE NOVA PLANTA E OS SEUS EFECTOS
  8. O REFORMISMO BORBÓNICO EN GALICIA
  9. A ILUSTRACIÓN EN ESPAÑA
  10. A MULLER NA IDADE MODERNA
Cando revise, amplíe ou corrixa un destes arquivos, marcareino con un "NOVO".

Se che axudou o podcast e este traballo, podes deixar un comentario ou apoialo publicando algo nas túas redes en relación a Somos Historia mencionando @miguelabraira

Espero que che resulten interesantes!

Comentarios

  1. Os mellores apuntes que vín na historia, resultanme moi sinxelos de entender!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Canto me alegra sabelo! Grazas por comentalo e aprovéitaos moito. Por certo, este curso 2021-22 reformáronnos os contidos a explicar na pregunta 11, polo que farei unha actualización en breve (indicareino ao lado do título). Ánimo!

      Eliminar
  2. Moitas grazas por toda a axuda Miguel! Estanme sendo moi útiles os teus apuntes e podcast. Un saudo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrame ler isto! Esa é a idea: que sirvan e que motiven a coller con ánimo a Historia. Grazas mil!

      Eliminar
  3. Moitas grazas por estes apuntes, son un excelente complemento para poder organizar todo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A ti por comentarmo, alégrame ler iso! Ánimo con estes últimos días antes do exame, nos que precisamente organizarse ben é clave.

      Eliminar
  4. Unha maravilla de apuntes,son de gran axuda, sobre todo para as composicións. Moitas grazas por compartilos!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Un pracer que che sirvan. Os das composicións son precisamente os máis difíciles de facer; lembra sempre engadir, na parte da redacción na que mellor encaixen, a relación cos documentos, identificando neles todo o explicable. A por eles!

      Eliminar
  5. Como sabes, para as ABAU deste 2023/24 introducíronse cambios nas preguntas, eliminando as que ata agora ían desde o Neolítico ata Idade Media (no podcast seguiredes podendo escoitalos). É por isto que actualicei índice e temas para que se correspondan co que vos pedirán, que vai desde os Reis Católicos ata a novidade que supón o tema da muller na Idade Moderna.
    Agardo que che axuden non só a superar a materia senón sobre todo a entendela e a valorala mellor, se cabe. Se é así, agradezo sempre o teu comentario. Moito ánimo!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares