COMPOSICIÓNS · SÉCULO XIX E XX

Coñeces os podcast Somos Historia? Pois esta web é para ti! Aquí atoparás TODOS OS APUNTES! que elaboro para explicar ao meu alumnado e tamén para gravar cada un dos episodios da serie. Sempre actualizados e ordeados. Úsaos como un complemento ou axuda, pero sempre cos apuntamentos que che dea o teu profesor/a como primeira referencia. Espero que che gusten. Se así fose, por favor, comparte, cita, faino saber.


COMPOSICIÓNS · SÉCULO XIX E XX

O que seguen, son os apuntes das composicións. Pero antes de nada, 3 detalles importantes:
  • Para que os entendas, comezo sempre indicando o título e as orientacións (en amarelo) que che darán na proba ABAU e que debes tratar no teu exercicio. Para que vexas claramente que respondo a cada unha desas cuestións, márcoas como apartados, pero ti non debes facelo no exame (simplemente redacta omitindo eses títulos ou integrándoos na túa redacción). Os conceptos que poden preguntar no exercicio de definir, están marcados en maiúsculas e cun *.
  • Uso a estratexia de recoller unha idea ou concepto importante por liña, de tal modo que incluso serve como modelo para corrixir (cada liña representa unha idea que debe estar explicada). Pero ti, no teu exame, non necesitas resumir cada idea nunha liña; eu fágoo só para presentarcho máis fácil e esquemático. Por outra parte, non podes resumilos máis se queres o 10; están tope resumidos!
  • Por último... e os documentos? Nas composicións hai que integrar os tres documentos que nos dan; verás que eu non o fago, xa que descoñezo que documentos nos van poñer no exame. Pero ti si terás que facelo; do contrario, non estarás facendo o exercicio que se pide. De todos modos, os documentos non son un problema, senón pistas que che serven para demostrar o que explicas. O que debes facer é lelos con calma para identificalos e logo integralos no teu texto, onde toque, como proba do que estás explicando. Recoméndoche que o fagas usando a frase "como se ve no documento 1, no que [Fulanito] [explica/xustifica/proclama...]", xa que esta fórmula obrígache a explicalos (non vale só con mencionalos). Trátase de explicar o que ves no documento, e dicir onde o ves, polo que recoméndoche que cites de forma breve as partes do texto que che interesen. O normal é que, de cada documento, poidas contextualizar ou explicar dous-tres-catro detalles do seu contido, xa que coinciden co que ti estudaches dese momento histórico. Por iso chos poñen: para saber se eres quen de recoñecelos e integralos explicándoos na túa redacción.
Aquí tes unha proposta de APUNTES das 24 composicións que poden caer nas ABAU 2024 (12 do XIX e 12 do XX) e que podes escoitar explicadas por min na serie de Podcast Somos Historia, en Spotify:

APUNTES listos! ...e en proceso

  1. A CRISE DA MONARQUÍA ABSOLUTA 
  2. AS CORTES DE CÁDIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812
  3. A RESTAURACIÓN DE FERNANDO VII E DO ABSOLUTISMO
  4. A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL 
  5. A REVOLUCIÓN GLORIOSA E A CONSTITUCIÓN DE 1869
  6. A I REPÚBLICA
  7. A RESTAURACIÓN
  8. A CUESTIÓN NACIONAL NO ÚLTIMO TERZO DO SÉCULO XIX
  9. A REFORMA AGRARIA LIBERAL: AS DESAMORTIZACIÓNS
  10. OS PRINCIPAIS SECTORES INDUSTRIAIS E O PAPEL DO FERROCARRIL
  11. O MOVEMENTO OBREIRO
  12. A EVOLUCIÓN DA SOCIEDADE NO SÉCULO XIX
  13. A CRISE DA RESTAURACIÓN
  14. A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA
  15. O ESTABLECEMENTO DA II REPÚBLICA
  16. AS PRINCIPAIS REFORMAS DA II REPÚBLICA
  17. A GUERRA CIVIL
  18. O FRANQUISMO: CARACTERÍSTICAS E INSTITUCIONALIZACIÓN
  19. O FRANQUISMO: AS FORMAS DE OPOSICIÓN AO RÉXIME
  20. O FRANQUISMO: POLÍTICA ECONÓMICA
  21. A TRANSICIÓN E A CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA
  22. A SITUACIÓN DA MULLER NO SÉCULO XX
  23. ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO
  24. EVOLUCIÓN E CAMBIOS NA ESPAÑA ACTUAL

Se che gusta o podcast e este traballo que fago e comparto contigo gratuitamente, non esquezas deixar un comentario ou apoialo citándoo nas túas redes como Somos Historia de @miguelabraira

Comentarios

  1. Moitas gracias por facilitarnos tanto o aprendizaxe da Historia de España dunha forma tan amena e sinxela de comprender. Eu creo que estes apuntes son perfectos para repasar dunha forma simple e esquemática todo as dúas semanas antes da Abau, cando o tempo é excaso. Porén os podcast deben ser escoitados durante o curso para aqueles que necesitamos complementar as leccións de clase para tomar outro punto de vista e consolidalo todo, porque fanse un pouco largos para este periodo. Agradezo moito a gratuidade dos apuntes e a claridade dos mesmos, así ata da gusto estudar, e máis cando é unha asignatura obrigatoria que aparentemente eu (ao ter preferiencia pola ciencia) non escollería se me desen a opción a principios do curso. Pero é que cando un profesor ama o seu traballo, nótase, e transmítenos o seu entusiasmo pola materia ;). Polo tanto, son de moita utilidade todos estes contidos que nos ofreces.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Paula. Moitísimas grazas por tomarte a molestia de escribirme e por esas palabras que son un chute de motivación para calquera profe. Este feedback, este retorno coa túa opinión sobre os apuntes e os podcast, ou sobre a túa experiencia como estudante con eles, é para min ouro puro. Asegúrocho. Coincido contigo niso de que os podcast son para ir escoitando durante o curso, aínda que a min, que me encanta escoitar podcast de todo tipo, sempre me pareceu que son ideais para repasar cando non tes tempo ou oportunidade de sentarte a estudar en serio, en plan concentrado. Cos apuntes, aínda tratando os mesmos contidos, intento recoller para vós dun xeito claro e directo, todo o que é esencial que estea nunha compo: estrutura (introdución, antecedentes, desenvolvemento, consecuencias), resposta a cada unha ds cuestións do enunciado e alusión e explicación dos documentos (que é o único que non podo facer nas compos, porque non sabemos qué documentos nos van poñer no exame). Encántame que os encontrases útiles. Mil grazas e unha aperta, Paula!

      Eliminar
  2. Son unha maravilla tanto os apuntamentos coma os podcast, é unha pasada a maneira na que transmites os coñecementos e os fas chegar a xente que, coma no meu caso, nun principio non nos son de grande interese xa que non son moi fan da asignatura tal e como a imparten no instituto. Co teu traballo, ata me chegaron a parecer interesantes determinados temas de vital importancia para a historia. De verdade que moitísimas grazas por todo, polas facilidades que nos achegas a moitos (e dígoo porque sei de moitos que fan uso do teu traballo) e polo teu entusiasmo que mostras. Felicidades por isto! :))

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben Lu! Non sabes canto valoro as túas palabras! Sobre todo eso de que os podcast che axudasen a ver a Historia, ou algunhas partes dela, con ollos atentos e curiosos. Como non vou ter entusiasmo con oíntes así? Moitas grazas por isto e moito ánimo que queda nada!

      Eliminar
  3. Bo día. Chámome Enrique Rodríguez e son de Nigrán (Pontevedra). Acabamos de recibir as notas de ABAU. Quería agradecer teu traballo nesta plataforma tanto de cara ós apuntes como ós podcasts. Os primeiros tiñan unha estrutura excelente, máis ou menos para ocupar uns 45 minutos do exame, e os contidos rara vez alonxábanse das rúbricas dos anos anteriores. Os segundos, os podcasts, foron unha excelente ferramenta á hora de poder seguir estudando de maneira pasiva mentres facía descansos. O mellor sen dúbida foi que me permitiron facer deporte e ter tempo libre sen desconectar totalmente da materia, sempre aprendendo un pouquiño máis. Claro está que todo isto hai que acompañalo cun bo método de estudio, pero con estas bases todo é moito máis sinxelo a nivel de contidos e anímico, pois é unha época onde os descansos tamén se fan moi necesarios. Simplemente agradecer este esforzo que fas por todos nós, estudantes galegos, e que sepas que isto que montaste foi un dos piares que me permitiron chegar ó 10 en Historia de España.
    Moitas grazas e saúdos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Enrique! Ante todo, desculpa que non respondera antes. Moitísimas grazas por este comentario tan afectuoso. Estou seguro de que ese 10 é a consecuencia dun traballo moi ben feito pola túa parte; seino non só pola nota, senón polo que explicas e por como o fas; e pola miña, estou encantado e moi agradecido de que me fagas partícipe dalgunha maneira do teu éxito. Que seguro que non quedará aquí ;)
      Un pracer, unha aperta grande e grazas tamén a ti.

      Eliminar
  4. Moitas gracias!

    ResponderEliminar
  5. Mima sálvasme a ABAU de historia, porque ca pereza que me daba refacer todos os apuntes...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hai que ir facendo pouco a pouco! Senón ao final faise ingobernable un temario tan extenso; pensa que aínda tendo aquí os apuntes o máis sintéticos posibles nunca van resultarche tan eficaces como se os tiveras feito ti. Ánimo, xa se ven as ABAU!

      Eliminar
  6. O teu anxo da garda22/05/23, 12:29

    Deus che teña o ceo gardado

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Amén! Forza e, xa que estamos, que os deuses nos garden!

      Eliminar
  7. Deus cho paghe con saúde e cartos

    ResponderEliminar
  8. Moitas grazas polo teu traballo, é de moita utilidade. Noraboa. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  9. Como sabes, nas ABAU deste 2023/24 fixéronse variacións nas composicións, unindo algunhas ou creando outras novas. Iso obrigoume a refacer algúns dos temas para adaptalos e ofrecelos actualizados, e de aí que algunhas preguntas non estiveran dispoñibles. Espero que tanto os apuntes como os episodios do podcast sigan resultando de axuda para superar a materia, e sobre todo para entendela e valorala mellor, se cabe. Agardo o teu comentario. Moito ánimo, sempre!

    ResponderEliminar
  10. Gracias por este acto tan altruista, e noraboa polo teu excelente traballo. Gracias ós teus apuntes estás facendo que me sexa doado sacar a asignatura. De cara a ABAU estos apuntes son como un salvavidas. GRACIAS !

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrame moito ler isto. Moitas grazas por facermo chegar. Non esquezas comprender ben, reescribindo ou convertendo a esquema, antes de memorizar. Comprender o que estudamos é como inflar con aire ese salvavidas!

      Eliminar
  11. Boas, gustaríame saber se as composicións 22, 23 e 24 van estar disponibles este curso. Agardo a túa resposta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola . A composición 22 xa está publicada e as que faltan espero poder publicalas estes días últimos de curso. Espero o voso feedback.

      Eliminar
  12. hola, me gustaría saber cuando acabarás los apuntes de las composiciones ya que solo me faltaría el 12

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares